Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

Muíño, capela, fonte e río conforman a paraxe da Fonte Santa, onde parece que o tempo se detivo para darnos a coñecer a antigüidade.

A capeliña confundida no medio da carballeira xunto coa fonte e o muíño conforman un contorno onde as prácticas pagás e cristiás de milagres e curacións están sempre presentes.

Segundo contan os ditos populares a fonte deixou de deitar a súa auga cando alguén quixo facer negocio cobrándolla a quen a precisaban para que lles dera a saúde e lles quitara a enfermidade.

Á fonte atribúenselle toda clase de milagres e virtudes curativas. As súas augas son sandadoras das queimaduras, dan ganas de comer e quitan as penas.

Tamén conta a tradición que os peregrinos que quedaban eivados, por causa das chagas que se formaban nos seus pés, acodían a lavalos á fonte e de contado acadaban a curación e podían seguir o camiño aos poucos días.

Voltar

Natureza, lendas e tradicións A maxia da auga A compañía dos camiños Museos da Identidade Festas, feiras e romarías O queixo da terra A arquitectura do tempo