Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

Arzúa é a décimo terceira parada do Camiño, a derradeira pausa antes de chegar a Santiago cun percorrido de 16 quilómetros dende Boente a A Calzada.

O Camiño Francés a Compostela cruza o concello de leste a oeste. Entra en Arzúa pola parroquia de Boente, onde nos recibe a Fonte da Saleta e segue na parroquia de A Castañeda, que xa se recollía no Códice Calixtino baixo a denominación de Castaniolla. O documento xacobeo destaca que neste lugar se atopaban os fornos para o cal empregado na construción da catedral compostelá. Eran os propios peregrinos os que, como un xeito de penitencia, levaban ata Castañeda a pedra caliza que eles mesmos recollían á altura de Triacastela.

Logo de pasar Castañeda, o Camiño de Santiago conduce o peregrino en dirección ao río Iso e, cruzando a ponte medieval, chégase a Ribadiso, o lugar no que se atopa un dos albergues cos que conta o concello.

O albergue de Ribadiso inaugurouse en 1993 e é o froito da rehabilitación do antigo hospital de peregrinos de Ribadiso onde durante séculos un hospitaleiro atendía con toda caridade ós camiñantes, segundo un documento do ano 1523.

Outro caso idéntico é o do albergue que se atopa na vila de Arzúa, a carón da capela da Madalena e construído no que foi, no século XV, o hospital de peregrinos do convento dos frades agostiños..


Voltar

Natureza, lendas e tradicións A maxia da auga A compañía dos camiños Museos da Identidade Festas, feiras e romarías O queixo da terra A arquitectura do tempo

Albergue de Peregrinos de Ribadiso de Baixo

Está distribuído en tres vivendas e ten un total de 70 prazas das que 62 son de liteira e 8 están preparadas para persoas con discapacidade física.

Ribadiso de Baixo S/N

Albergue de Arzúa

Ten un total de 46 prazas, 15 de liteira e 2 prazas habilitadas para persoas con deficiencias físicas.

Cima do Lugar , S/N