Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

Nunha casetiña non lonxe do castro Curbín vivía unha cativa con súa nai.

Eran pobres de solemnidade pero tiñan unha vaca e algunas galiñas que lle permitían ter algo para comer.

A nena era a encargada de coidar a vaca que levaba a pacer cara o Castro Curbín e paraba a beber na fonte da Quenlla.

Un día aparecéuselle sentada onde a fonte unha dona vestida de branco. Díxolle á nena que lle permitira peiteala e fíxoo cun peite de ouro.

A rapaza convidouna a comer un pouco de pan, que era canto levaba para merendar. Entón a fada deulle unha moediña de ouro e advertiuna de que non dixera a ninguén de onde saíra a moeda.

A cativa deulla a súa nai, quen lle preguntou de onde procedía a moeda e quen a peiteara tan primorosamente.

Respondeulle qua a atopara no camiño e que se peiteara ela mesma. Pero o feito repetiuse varias veces e daquela a nai díxolle a filla que lle contara a verdade. Entón, a nena díxolle que cando ía coa vaca para o castro unha fada aparecíaselle na fonte da Quenlla, peiteábaa e dáballe a moeda de ouro.

“Ai! Galopina, -dixo súa nai. -Vaite todos os días para o castro coa vaca que boa falla nos fan os cartos.

Anda! colle a vaca e dous anacos de pan e vaite para traer outra moeda de ouro”.

A cativa obedeceu a súa nai e marchou cara o castro.

Á noitiña, a vaca voltou para casa soa.

A nena nunca máis por descubrir o segredo..

Voltar

Natureza, lendas e tradicións A maxia da auga A compañía dos camiños Museos da Identidade Festas, feiras e romarías O queixo da terra A arquitectura do tempo