Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

NON O PERDAS
PATRIMONIO HISTÓRICO EN ARZÚA

Ponte de Ribadiso

O Camiño Francés a Compostela pasa pola pontede estilo gótico tardío, a máis antiga do concello de Arzúa, datada, aproximadamente, no século XII. Consiste nunha base de cachotaría, cun arco de medio punto de cantaría; a calzada é de granito, froito dunha reforma actual, pois perdeu as lousas de pedra orixinarias; o peitoril é de bastante altura, para as dimensións da ponte, realizado tamén con granito.


Voltar

Castro CURBÍN

O castro está ubicado no monte de A Roda, conserva a súa fisonomía castrexa, coa forma circular da muralla e o espazo do foxo. O castro data do século VI a.c., finais da Idade de Bronce.

A forma do castro está remarcada cun valado de madeira. Actualmente é utilizado como lugar de esparcimento cunha carballeira e un merendeiro.

Este ben está xunto coa Fonte da Quenlla, que se atopa no entorno do castro.


Voltar